Seccións principais


< atrás

Paz a un paso da capital

O rural próximo á capital de Galicia atópase en auténtica expansión. E esta vivenda de Aríns é boa proba diso, conjugando na súa contorna a maxia da natureza e a proximidade da cidade. Un privilexio que parte dunha concepción de casa campestre de modestas dimensións na que as súas dúas alturas se insertan nun medio domesticado con gran esmero.


As solucións máis clásicas no deseño e mobiliario se superponen a outras respostas máis prácticas, funcionales e modernas, caso dunha cociña en madeira moi alegre e de aire nórdico de Santiago Interiores-Santos ou a sala do piso superior na que unha claraboya desvela un recuncho moito máis actual.


A empresa de decoración compostelana Aldán expresou neste traballo o ideal dos seus propietarios: unha casa para vivila na que ata o último detalle foi pensado. O gusto polo capricho e a sofisticación condiciona toda a vivenda. As carpinterías lacadas impregnan de luminosidad e frescura británica todas as estancias e realzan máis o contraste de tonalidades entre chans, mobles e paredes. No xardín aprécianse uns traballados carreiros que conectan o verde cun estanque de rocalla ou coa piscina e mergúllannos nun mundo de paz e acougo.

Ver en mapa

Texto e Fotos: Nacho Blanco | Sandra Alonso

Referencias
  1. A estructura exterior e o xardín
  2. Cociña de aire nórdico en madeira
Descarga adicional
  1. Artículo de La Voz de Galicia
As premisas: Nas proximidades de Compostela esta casa de modestas dimensións recrea un ambiente clásico e campestre.

Imaxes