Seccións principais


< atrás

Un mundo confortable repleto de cores

En terras pontevedresas atopamos esta vivenda decorada por Maite Lomba, da firma Agarimo, cuxa intervención supuxo dotar á casa dunha impronta tremendamente xovial e funcional.

Procedeuse a unha nova distribución dos espazos, todo iso para gañarlle terreo á circulación dos inquilinos e non sobrecargar as habitacións. Por iso é polo que se prescindiu dun exceso de mobiliario; só o xusto, primando a sencillez e a simplicidade.

Traballáronse as paredes cunha paleta de cores atrevidas e alegres, con pinceladas contadas que aportan gran vivacidade ás estancias. Os vermellos, verdes, brancos ou detalles como cadros e debuxos son puntadas máxicas que outorgan personalidade á vivenda.

A parella nova á que ía dirixido este ático apreciou este aproveitamento e dirixiu os seus desexos á consecución dunha cociña ampla onde se gozase do día a día. A firma Santiago Interiores Santos creou unha estancia onde non só cocinar era a súa función senón tamén o recollemento, a sobremesa familiar en torno a unha mesa de cristal do comedor perfectamente integrada no conxunto. Unha cociña equilibrada de tonos suaves, neutros, penetrada polo sol durante toda a xornada grazas á súa orientación e dotada duns mobles de gran capacidade e probada funcionalidade. É a cociña o verdadeiro eixo da vivenda, como antigamente o lume do fogar reunía en torno a el á familia.

As habitacións convertéronse en lugares para ser vividos, con corredores que permiten percorridos sen obstáculos, libres de inútiles armatostes decorativos. Un ático é por si un garante de luz, pero tamén eiquí a decoradora explotou as posibilidades de luces directas e indirectas de xeito maxistral.

Ver en mapa

Texto e Fotos: Gustavo Rivas & Nacho Blanco

Referencias
  1. Vista da cociña
  2. O verdadeiro centro da vivenda
Descarga adicional
  1. Artigo da Voz de Galicia
As premisas: Este ático de pequenas dimensións amosa unha paleta de cores atrevidas que o converten nun fogar vivo e alegre.

Imaxes