Vivir en apenas trinta metros
A procura dunha solución convincente para unha vivenda abuhardillada foi tarefa difícil, pois os metros cadrados cos que contaba o arquitecto e propietario José Pinto eran, en si mesmos, un reto. Ademais, atopouse coa barreira dunhas techumbres decrecientes que oprimían máis o conxunto espacial.En pleno centro de Compostela este bajocubierta ampliouse visual e físicamente. Primeiro, porque se procedeu a borrar toda
compartimentación, reestructurándose todo o esqueleto, para evitar que se convertese nun lugar excesivamente pechado. A altura foi modificada e suprimidos os falsos teitos que angustiaban aínda máis ao inquilino. A finalidade desta actuación foi conseguir un lugar o máis amplo posible, con contadas divisións, explotando a intercomunicación, fuxindo de portas e aproveitando as bajantes do teito para ubicar baixo elas excelentes armarios que fan as veces de guardarropas ou amplas despensas.
Logrouse revitalizar metros antes mortos ou levemente potenciados. A existencia de detalles tales como deixar á vista a bajante de obra confirman a intención de José de aportar un selo persoal, pegada tamén evidente na solución dispensada ao baño, habitación que combina nunha superficie mínima todo o necesario, ata un espello adaptado á fiestra. A aplicación das luces é outro elemento fundamental, pois a achega lumínica propia dun último piso multiplícase co xogo producido polos brancos e grises pálidos nas paredes.
A decoración é sinxela e moi funcional, destacando o contraste de brancos e aceiros da cociña, ou o xerado pola madeira do piso fronte ao resto das superfi ies. En definitiva, unha vivenda coqueta e simpática, onde o tamaño apenas importa para vivir confortablemente.
Texto e Fotos: Nacho Blanco | Sandra Alonso
Referencias
- Vista do pequeno apartamento
- Cociña en blanco e aceiro

